89 min.
Moito máis que a recuperación histórica da figura de Amílcar Cabral, estamos ante un canto pola dignidade dos oprimidos, un alegato anticolonial e o rexistro dun intre fugaz de ilusión e esperanza arrincado da memoria polos vencedores. Agrónomo, utópico, pensador e revolucionario que loitou pola independencia de Guiné Bissau e Cabo Verde, é mostrado por Miguel Eek nas súas poliédricas facetas, apoiándose nas súas palabras, nas imaxes rescatadas de vellos Súper 8 e en informes policiais, destilando un retrato humano e en clave de thriller político de quen foi nomeado como o Ché Guevara africano.
Navega y toca para seleccionar tu fecha.
Navega y haz clic para seleccionar tu fecha.
(VOSE)
R/ Concepción Arenal, 9 Bx
15702, Stgo. de Compostela